Aaron Hobson coloniza e fai seu ese nidio espazo situado entre a imaxe fija e o fotograma, entre a fotografía e o cinema.
Hobson danos a oportunidade de concederlle a ese presente perfecto -que tan só existe na imaxe detida das fotografías- un pasado e un futuro, ata o de agora patrimonio exclusivo da imaxe cinematográfica.
No seu haber está a capacidade de facernos co-partícipes, de proporcionarnos a semente -en forma de visión- do cerne dunha historia. A multiplicidade de tramas e argumentos desenrolados será proporcional o número de espectadores que interactúen coas súas imaxes.
Aaron Hobson está en:
http://aaronhobson.com/
https://www.facebook.com/theCinemascapist
Gracias por darnos a coñecer este artista, Miguel.
ResponderEliminarGustoume tanto que vou publicar a miña selección favorita de fotos.
ResponderEliminar